Etiquetas

venres, 18 de outubro de 2013

Absurdos por "doquier".

A todos nos soa a "marea branca" de persoal sanitario que en Madrid se manifestou en múltiples ocasións ante a privatización inminente de parte da sanidade pública desa comunidade autónoma.
A todos nos escalda que o goberno permita que isto suceda (a privatización), mais non nos sorprende, porque este goberno busca exactamente iso: privatizar todo para que só poidan acceder aqueles con recursos económicos suficientes.

Sabemos que coa educación tamén se meten, pero chegan a límites insospeitables. Todos estamos ó tanto de que a escolarización antes dos 6 anos non é obrigatoria. De 3 a 5 está regulada, e parece que os centros públicos existentes chegan para toda a poboación e son gratuítos. Sen embargo a escolarización de 0 a 3 é unha odisea. As garderías públicas teñen un custe, case sempre menor cás privadas porque teñen parte de financiación das autonomías, pero teñen un custe.

O de "case sempre" no de que o custe é menor que nas privada vén a conto do seguinte dato: na Comunidade de Madrid non se dá esta realidade, se non en moitos casos máis ben a contraria. A que se debe, preguntarédesvos? Non a que o prezo das privadas sexa menor, se non a que os pais que decidan levar ós seus fillos a unha gardería privada teñen unha axuda (http://www.madrid.org/cs/Satellite?c=CM_Actuaciones_FA&cid=1142387322217&idConsejeria=1109266187254&idListConsj=1109265444710&idOrganismo=1142359902140&pagename=ComunidadMadrid%2FEstructura&pv=1142387040750) para poder facelo. É o "cheque guardería" que o goberno desa comunidade abona.
O máis irrisorio quizá sexa que a eses cheques só teñen acceso os que levan ós seus fillos a centros privados. Claro, tería sentido se as garderías públicas fosen moito máis baratas cás privadas, e entón, como estas non chegan para atender a todos os rapaces de entre 0 e 3 anos de Madrid, os pais ós que non lle quedase máis remedio que acudir a centros privados, puidesen facer fronte ós gastos extra. Sen embargo o custe dunha gardería pública e dunha privada en Madrid son bastante paralelos, polo cal, co cheque, sae máis barata a privada...
Novamente pregunto, isto ten algún sentido?

Ningún comentario:

Publicar un comentario