xoves, 8 de marzo de 2018

Éxito sen precedentes do feminismo español.

As imaxes falan por si mesmas. As palabras quedan curtas para definir as emocións, os sentimentos, as esperanzas que naceron tras esta xornada histórica para as mulleres no noso país, para a sociedade española no seu conxunto.



Prensa internacional.
Grazas a tod@s as que formastes parte, porque todo esforzo é pouco para acadar que as nosas reivindicacións se visibilicen, como primeiro paso para a súa consecución.

Pero aínda nos queda moito por facer, empezando por concienciar a esa parte da sociedade que nos mira mal, que non cre nos nosos motivos, que non cre que o feminismo sexa necesario. Están equivocados, moi equivocados. Porque como xa dicía no meu anterior post, o futuro será feminista ou non será. Non podemos seguir evolucionando como sociedade sen dar este paso tan necesario.

FEMINISMO significa LOITAR POLA IGUALDADE ENTRE HOMES E MULLERES. 

Se non es machista (pensamento que cre que a muller é inferior ó home) nin feminista (pensamento que cre que mulleres e homes son iguais), como din algúns e algunhas, entón será que cres que as mulleres somos seres superiores ó home, non queda outra (palabras do meu marido).

Entérate ben do significado de FEMINISMO e apoia esta loita que tamén é túa. Para que non che pase como a parte dos nosos políticos e periodistas nesta xornada, e é que despois de días botando lume contra esta loita, contra esta reivindicación, contra esta folga, non lles quedou máis remedio que sumarse para non quedar de imbéciles (xa o dí o himno galego, imbéciles e escuros).

Porque xunt@s podemos cambiar o mundo, porque un mundo sen mulleres non funciona, PORQUE O MUNDO SEN NÓS, PÁRASE.

Feliz día internacional da muller a tod@s.

Mulleres da familia Soto.



Ningún comentario:

Publicar un comentario