luns, 28 de outubro de 2013

Por qué Montoro vai sempre de sobrado?

Nun panorama coma o actual, de crise económica e desesperación social, non sería mellor ser humildes e ter "tacto" cando se din as cousas.


O noso Ministro Montoro sen embargo cre que é mellor rirse do resto de parlamentarios cando estes lle fan unha pregunta, contestar sobradamente e aínda por enriba manipular datos para que o que dí sexa cando menos unha labazada á sociedade...

A un home coma o señor Montoro, que ingresa anualmente un soldo elevado (comparado coa media estatal) polo cargo que ocupa, e que seguramente leva anos sen sentirse inseguro económicamente na súa vida, ó que os cartos lle dan para facer unha vida acomodada, de forma que non ter por qué ver a realidade dos milleiros de españois que están a vivir baixo os umbrais da pobreza máis que na prensa (e se quere, e non ten por qué crela), que previsiblemente non utiliza a educación pública nin a sanidade pública, e resumindo, que vive nesa nube/mundo/universo paralelo ó da maioría de españois, pero que é a nube/mundo/universo das persoas coas que se codea habitualmente, e coas que se reafirma unha e outra vez de que as cousas non están tan mal e que a prensa seria/sociedade esaxera, pois non se lle pode pedir que teña a decencia de ser humilde e deixar de mostrarse orgulloso polas decisións dun goberno que lentamente nos obriga a desfalecer no intento de non caer polo precipicio.

Ó señor Montoro lle pido que non se ría cando fale da crise, cando dea datos de paro, de baixadas de soldo, de recuperación... que non se ría, e que non sorría tan sequera, porque ten un sorriso falso. Que se adique a dar datos e non a opinar sobre eles, a especular con eles, a mentir con eles.

O señor Montoro só é un exemplo máis da caste política que temos, pero é un dos que máis me anoxa ultimamente.

Ningún comentario:

Publicar un comentario