luns, 14 de outubro de 2013

El objetivo de Ana Pastor


Onte vin o programa de , a maioría das veces esquézome porque é domingo e só estou pensando que xa rematou a finde.

Celia Villalobos! Estou un pouco asombrada de que unha persoa con tan pouco "saber estar" chegase tan lonxe en política...

Gustaríame destacar unha das súas declaracións (xa sei que son destacables moitas, pero voume centrar nunha que me fixo darlle unha volta ós pensamentos). Durante a súa entrevista (ou ese conxunto de incongruencias que foi relatando ó longo da súa permanencia no programa, elevando a idea do escaqueo á resposta directa a un alto nivel, como é habitual nos políticos españois) dixo que a reforma laboral ía crear emprego nun futuro porque esta política abrira unha porta de negociación entre empresa e traballador para que este último non fose despedido se as cousas ían mal. Así explicaba que grazas a esta reforma, cando a empresa tiña perdas (ou como soe ser máis habitual, cando gañan un chisco menos do agardado) pode renegociar co traballador tanto a súa xornada laboral coma o seu salario para atopar un camiño de entendemento e non ter que proceder ó despido, que era o que pasaba antes.

Qué forma tan bonita de disfrazar a realidade! Mellor tiña que estar calada porque o que se deriva da reforma laboral do PP é o seguinte (segundo o meu punto de vista): a reforma permite que a empresa esprema ó traballador. Se a empresa non gaña o previsto ten licencia para facerlle traballar máis polos mesmos cartos, diminuirlle o salario sen diminuír a xornada, poñerlle máis ou menos horas laborables ou calquera amaño que se lle ocorra. Non consulta co traballador, simplemente informa, ás veces de forma que o traballador o sabe cando pasa. Ten dúas opcións: aceptar ou non. Se non acepta vaise cunha man diante e outra detrás (antes tíñante que despedir, pero recibías unha indemnización). Se acepta, perde todos os dereitos que el e outros foran gañando co tempo, de forma case irreversible, perde poder adquisitivo ou tempo de dedicación á súa vida privada,... PERDE!

Que alguén me explique isto de forma que chegue á mesma conclusión que chegan os nosos políticos...

Ningún comentario:

Publicar un comentario